Concerto Loita Amada + Malheira

Concerto Loita Amada + Malheira

Novo concerto de Loita Amada incluído dentro da súa xira Resistir é vencer, no que actuarán previamente a banda Malheira. 

Medio mundo está en guerra mentras a outra metade mira para outro lado. Éste é o simbolismo da pompa de xabón detrás da portada do terceiro álbum de Loita Amada. 

Once son os cortes nos que se plasma a súa poesía revolucionaria sobre unha base de rock duro con variadas influencias como punk, folk, metal, reggae, ska, pop, tradicional... A temática tratada amosa desde a pasividade de Europa fronte ao xenocidio do pobo palestino, a impotencia experimentada no activismo político e musical ata a dignificación do legado dos nosos avós e avoas sempre deixando espazo para o amor ben sexa platónico ou o que se sinte por unha irmá.  

Mención especial a un elenco de colaboracións artísticas de luxo: Nuno Pico (Grande Amore), «o da Gándara», Hartiz Zabaleta (Ameba), Luken Arkarazo (Odolaren Mintzoa), Mini Rivas (Fuxan os ventos), Xiana Lastra (A banda da loba), Vituco Neira (RuxeRuxe), Tanxugueiras e o trikitilari Joseba Tapia.

in 4 days
Café Cultural Auriense, Ourense
11, Praza do Correxidor, Casco Vello, Ourense, Galicia, 32005
Add to calendar
Download flyer